Este ano o noso timbre musical semanal soará en moitas ocasións con músicas e cancións relacionadas co noso PDI "Recordos na maleta" que trata sobre os países e que tentará que Leo, a nosa mascota da biblioteca recupere a memoria despois do accidente sufrido ao voltar das súas vacacións. Todos sabemos que a música é unha gran sanadora asique grazas a ela tamén conseguiremos aprender cousas dos diferentes países. Aquí vos deixamos unha presentación que se irá actualizando ao longo do ano a medida que vaiamos escoitando novas cancións.