Comezamos o curso coa primeira actividade do calendario: "O día da Biblioteca". "Alucinando cores" é o título do noso proxecto para este curso no que as cores serán o eixe das actividades que realicemos ao longo do curso, polo que quixemos que esta actividade estivesa chea de cor...
Para celebrar o Día das Bibliotecas escolares, o equipo de biblioteca participamos na elaboración dun vídeo no que animamos aos nenos e nenas á lectura e lles damos unhas instruccións para ler un libro correctamente. Non o perdades, é moi divertido!
Tamén o venres 22 conmemoramos esta data no patio. Reunímonos por aulas e Antón e Kiara, dous alumnos de sexto, deron lectura a un manifesto que falaba do importantes que son as bibliotecas e das aventuras que podemos vivir cada vez que entramos nunha delas. A continuación cada unha das aulas amosou a felicitación e leu as palabras adicadas á biblioteca nas que se felicitaba ou se lle daba as grazas por estar de volta despois de estar pechada durante o curso pasado. Esas felicitacións logo pasaron a formar parte dun gran mural na entrada da biblioteca.
A continuación podedes ver vídeos e fotos que resumen a actividade.
Antón e Kiara os presentadores, xunto á exposición das primeiras novidades do curso. |
Pablo e Diego de 6º A |
Zoe e Marco de 4 anos A |
Kenia e Mateo de 1º coa súa felicitación á biblioteca |
Xiana e Simón de tres anos coa súa profe e a felicitación da súa clase á biblioteca |
Así de bonito quedou o mural. |