Despois dun ano no que a biblioteca estivo apagadiña por mor dun virus rebuldeiro, a biblioteca do cole de Seixalbo volve abrir as súas portas con moitas ilusións e sorpresas preparadas. O proxecto sobre o que imos traballar este ano xirará en torno as cores e leva por título "ALUCINANDO CORES" Estamos encantados de que compartades con nós as aventuras que se presenten no camiño. Benvidos a esta viaxe!

O passado xoves 4 de febreiro poidemos levar a cabo o acto con motivo do Día da Paz aprazado por motivos meteorolóxicos. A actividade dinamizada polo equipo de Biblioteca consistiu na lectura e visionado dos contos: "El lazo invisible" e "Los lazos invisibles" En torno a estes contos xirou o acto en común que levamos a cabo todos xuntos no patio. A idea foi facer visibles os lazos que nos unen con todas as persoas que queremos e para facelo, un globo por aula foi o portador deses fíos. Podedes ver o resultado no vídeo e fotos da seguinte presentación.
Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e non violencia cunha homenaxe a persoa de Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004, pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a Paz, fundando o Movemento "Cinturón Verde". Duante estas semanas profundizamos na súa historia lendo ou vendo o conto "Wangari e as árbores da Paz". A partir dese conto, os nenos e nenas de 2º A e B e os/as de de 4º B fixeron as súas propias ilustracións. Os compañeiros/as de sexto A e B fixeron a narración e con todo ese material elaborouse o video do conto que podedes ver máis abaixo. Nel tamén aparecen outros traballos que realizaron as demais clases. Hoxe reunímonos todos no salón de actos para o seu visionado. Despois do mesmo, cada neno/a para dar continuidade á iniciativa de Wangari, "plantou" unha árbore cunha mensaxe nun mural coa imaxe de Wangari colocado na entrada á biblioteca. Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe.
Paralelamente a esta actividade, os alumnos de sexto, xunto cos seus titores presentaron un novo vídeo de sensibilización, enmarcado no Proxecta. Buscaron imaxes nas que se reflexan os efectos das guerras no medio ambiente, pois case sempre á hora de facer balance das mesmas contabilízanse vítimas persoais, sendo o noso planeta a vítima olvidada. Aquí vos queda tamén o vídeo do seu traballo.
Aquí podedes ver un resumo da celebración do Día da Paz. Se pasades de páxina na presentación poderedes ver os vídeos.
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Este ano para festexalo todos os nenos e nenas do cole traballamos un conto titulado: "Ata que poidamos abrazarnos" para concienciarnos de que aínda que a pandemia que estamos a vivir nos impide demostrarnos o cariño como nos gustaría, hai moitos outros xeitos de dicirlle a alguén que nos importa. Ourizo e tartaruga, os protagonistas desta historia botan man da imaxinación para atopar diferentes xeitos de dicirse que se queren. E ao igual ca eles todos os nenos e nenas do cole fixeron a súa aportación cuns bonitos debuxos que quedan recollidos neste vídeo.
O xoves 24 de outubro de 2019, celebramos un ano máis o Día da Biblioteca. Reunímonos no salón de actos e desfrutamos dunha dobraxe que fixeron os compañeiros de sexto dun corto titulado "Unha princesa en apuros" que pretende facernos reflexionar sobre o cambio climático que estamos a padecer, xa que este ano o noso proxecto leva por título "Salvemos o globo". Despois de ensaiar uns cantos recreos conseguiron facer un bo papel que todos aplaudimos. Remataron a súa actuación pedindo a colaboración de todos para acabar con monstro do cambio climático. Para iso cada cada neno/a escribirá unha acción que contribúa a acabar co cambio climático nunha estrela que se pegará na vindeira semana no mural da biblioteca. Aquí podedes ver o vídeo da actividade que rematou cantando o noso himno da biblioteca. Tamén podedes ollar o vídeo orixinal do que fixeron a dobraxe, e tamén as novidades deste mes de outubro!!
Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!