Na entrada da biblioteca xa tedes a vosa disposición unha caixa de suxestións onde podedes deixar títulos ou recomendacións que vos parezan interesantes, ou aquilo que consideredes que pode axudar a mellorar a nosa biblioteca. Tentaremos telas en conta sempre que sexa posible.
Tamén quen o precise poderá empregar unha pequena escaleira para chegar aos libros que estean nos andeis máis altos. Xa non hai excusa para ollalos todos!