Ao longo das sesións, todos os cursos de Primaria puideron aprender e lembrar normas básicas de circulación, sinais de tráfico e consellos para desprazarse con seguridade, tanto como peóns como cando utilizan bicicletas e patinetes.
Pero a aprendizaxe non quedou só na teoría! Despois das charlas, chegou o momento de poñer en práctica todo o aprendido. Para iso, o alumnado participou nun circuíto de educación viaria preparado no colexio, no que puideron circular con bicicletas e patinetes, practicando as normas e demostrando as súas habilidades.
Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora, na que aprendemos que a seguridade viaria é cousa de todos e todas!
Moitas grazas á Garda Civil pola súa colaboración e por achegarnos estes coñecementos dunha maneira tan práctica e divertida.


