mércores, 7 de outubro de 2026

Formación usuarios 4º A e 4º B

 O mércores e xoves da semana pasada levamos a cabo unha sesión de formación de usuarios co alumnado de cuarto. Explicamos a importancia de que os libros estean ben ordenados para poder atopalos facilmente e aprendimos que significan as etiquetas que teñen no lombo. Tamén aprendimos a entender a información do vinilo da nosa CDU. Despois da explicación fixemos algunha pequena práctica. Aínda quedan moitas cousas por aprender pero xa temos o camiño iniciado para poder ser máis autónomos na biblioteca