domingo, 18 de outubro de 2026

Día da saúde mental

O día 10 de outubro celébrase o Día da Saúde Mental. No cole tamén porque non só aprendemos a ler, escribir ou sumar; tamén aprendemos a recoñecer as nosas emocións, a expresar o que sentimos, a pedir axuda cando a necesitamos e a comprender e respectar as emocións dos demais.

Crear espazos seguros nos que cada neno e nena se sinta escoitado, comprendido e acompañado é fundamental para o seu benestar emocional. 

Botón, o noso can de apoio educativo, tamén ten un papel moi especial. A súa presenza axúdanos a crear momentos de calma, confianza e conexión, favorecendo a relaxación, a expresión das emocións e o desenvolvemento de habilidades sociais. Ás veces, unha caricia, un momento de tranquilidade ou a compañía incondicional de Botón poden axudarnos a expresar o que as palabras non sempre conseguen dicir.

Porque educar tamén é coidar, acompañar e escoitar. E porque a saúde mental importa, desde a infancia e todos os días.