Cada día trabállanse nas aulas moitas lecturas en moitas materias e de diferentes tipos. Compartimos dous exemplos: "A Eiruga glotona" e "The dot".
Con "A eiruga glotona" empezamos a dar os primeiros pasos no noso PDI sobre saúde e con "The dot" o alumnado celebrou o Día internacional do punto (15 de setembro) lendo o conto e logo facendo a súa propia creación. A sorpresa e a maxia chegou ao final cando as súas creacións por obra e arte de maxia "cobraron vida".


