Hoxe tivemos na nosa biblioteca a visita de Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa xunto con Asun Carballo Rodríguez, asesora de bibliotecas da provincia de Ourense. Tiveron ocasión de coñecer o noso traballo, os programas de biblioteca nos que participamos e as nosas inquedanzas. Un grupo de alumnos e alumnas explicaron diferentes actividades realizadas durante este ano, como o obradoiro de stop motion, as actividades de poesía, o funcionamento do club de lectura, as tarefas do alumnado colaborador coa biblioteca e realizaron coa cortadora láser un pequeno agasallo personalizado para cada unha delas. Agradecemos moito a visita e o interese por coñecer o noso centro e o noso traballo. Aquí podedes ver a noticia no portal da Xunta.

