Xa hai uns días que os/as nosos peques do cole comezaron a súa viaxe polo mundo do circo, o tema que traballeremos este curso. Para inicialo decidiron vestirse como pallasos e facer unhas fotiños na carpa do mural. Ademais tamén realizaron un traballiño arredor desta temática. Aquí podedes ver moitas fotos deses momentos.















































