venres, 24 de outubro de 2025

Día da Biblioteca 2025

 Hoxe tivemos unha celebración moi especial. O Día da Biblioteca!!! Xuntámonos todos e todas no salón de actos e alí pasaron cousas máxicas e moi divertidas. 

Alexandre e Elisa presentaron o acto, aos que lles agradecemos moito a súa colaboración. Grazas polo voso esforzo e entusiasmo!



 A profe Bea contounos un conto (AQUÍ O CONTO) moi especial, estrea mundial e exclusiva para o noso cole. Os protagonistas Leo, a nosa mascota da bibliorteca e Botón o noso caniche de asistencia viviron unhas aventuras que nunca esquecerán. Buscando libros en internet viron un anuncio que lles pareceu interesante pero resultou.... Ser un engano, un bulo!!!! Pensaban que irían traballar a unha biblioteca mellor ca de Seixalbo (cousa moi difícil!), pero o que ocurriu foi que acabaron nun circo onde tiñan que facer números e actuacións que non lles gustaban porque a eles gústalles ler contos aos nenos e nenas. Ao final lembrando o Circo dos Muchachos de Benposta convenceron ás persoas do crco de que non é necesario utilizar animais para facer un espectáculo divertido, senon que o talento e creatividade das persoas é a base do "Verdadeiro espectáculo".

Con este conto traballaremos diferentes valores e realidades como o perigo de estar desinformados e os bulos, tema de máxima actualidade ao que Bibliotecas Escolares de Galicia adica ese ano esta celebración. Tamén se promove a reflexión sobre o respecto polo benestar dos animais,protexéndoos en lugar de utilizalos como obxecto de entremento. E por suposto, non pode faltar a importancia da biblioteca e lectura como medios para descubrir novas realidades e fomentar actitudes respetuosas.
Leo, a nosa mascota foi vítima dun engano  en internet.

Ao remate do conto ocurriu a maxia porque tod@s xunt@s dixemos unhas palabras e as imaxes que foramos vendo durante a narración do conto cobraron vida!!



Unha vez rematado o conto tivemos unha sorpresa musical: O coro do cole cantou unha canción na que se uniron varias cousas: a lectura, Leo, a nosa mascota e o circo. Fixéstelo moi ben a pesar de preparala en so tres ensaios!! E como sorpresa final tod@s xunt@s a cantamos de novo coma nun karaoke. Pasámolo xenial! Antes de marchar cada clase levou a súa mochila viaxeira e un debuxo de Leo para transformalo na personaxe de circo real ou inventade que más vos guste. Foi unha actividade moi divertida. Aquí vos deixamos fotos e vídeos.