luns, 2 de xuño de 2025

Os Planetas de Gustav Holst

Dentro do PDI "Universo Seixalbo" e desde a aula de música o alumnado de sexto coñeceu e traballou sobre a obra "Os Planetas" do compositor Gustav Holst. Logo de coñecer ao compositor e as características da obra fixeron unha audición de cada un dos planetas. Finalmente elaboraron pequenos traballos en cartolina nas que reflectiron parte do que aprenderon. Eses traballos formaron parte da exposición final do PDI. 
    Esta actividade permitiu ao alumnado vincular coñecementos musicais con aspectos científicos e mitolóxicos. A elaboración de traballos en cartolina favoreceu a reflexión, a síntese e a expresión artística. 
    En definitiva, esta actividade promoveu a competencia cultural e artística, potenciou o gusto pola música e consolidou aprendizaxes significativos que conectan o currículo coa temática global do proxecto. Ademais, reforzou o papel da biblioteca como espazo de apoio aos proxectos interdisciplinares e como medio de difusión do coñecemento e da creatividade do alumnado.

Na seguinte presentación reuniuse toda a información para que o alumnado puidese traballar.

Libro da biblioteca sobre esta obra


TRABALLOS DO ALUMNADO DE SEXTO