xoves, 9 de xaneiro de 2025

Resumo actividades do 1º trimestre

 Estamos comezando o segundo trimestre, pero antes queremos deixar un pequeno resumo das actividades levadas a cabo na biblioteca no 1º, que sobre todo estivo marcado polas obras que se están a levar a cabo na mesma. Éstas xa remataron hai un tempiño, pero agora tocar organizar todos os fondos que se están recatalogando co novo programa Koha, comprar mobiliario novo, ordenar materiais e poñela en funcionamento. Mentres se fan todas esas tarefas leváronse a cabo estoutras que vos resumimos brevemente.

1.- Setembro: Mural de benvida ao novo curso relacionado co PDI que se vai levar a cabo sobre o espazo:

2.- Outubro: Actividade de motivación/presentación do PDI. Unha carta misteriosa aparece nas aulas. É de Leo, a nosa mascota que nos escribe desde o espazo.







3.- 24 de Outubro: Día das Bibliotecas. Xuntámonos no salón de actos para ler un texto conmemorativo sobre a celebración e para ver un vídeo feito cos debuxos sobre a biblioteca e escoitar as historias que inventamos relacionadas co espazo. Tamén se presentaron os libros para traballar este ano sobre o PDI.







4.- Celebración do Samaín. Entre outras cousas, realizouse unha exposición de cabazas relacionadas co espazo.




5.- 25N: Día contra a violencia machista. Realizouse un mural entre todas as aulas e diferentes traballos.


6.- Realización de murais e traballos sobre o espazo






7.- Expositor cos libros do PDI sobre o espazo:

8.- Realización de cohetes nas aulas: