xoves, 16 de xaneiro de 2025

Día da Paz 2025

 O mes de xaneiro é o mes no que se celebra o Día da Paz, unha data que dende a biblioteca sempre nos gusta resaltar e vincular co noso PDI que este ano trata sobre o espazo.

Este ano aproveitaremos para aprender e coñecer a Estación Espacial Internacional por ser un exemplo único de cooperación internacional e esforzo colectivo. A ISS simboliza como, a pesar das diferenzas culturais, políticas e xeográficas, é posible traballar xuntos para alcanzar metas comúns que benefician a toda a humanidade.

Realizaremos un mural colectivo no que apareza información sobre a ISS vinculada con mensaxes de Paz. Cando estea rematado amosarémosvos o resultado. Pero primeiro temos que coñecer, investigar e aprender cousiñas sobre a ISS. Na nosa biblioteca hai varios libros que falan sobre ela. Están a vosa disposición e por se estivesen ocupados tedes aquí un PDF coas páxinas que tratan sobre a ISS. Deixamos tamén neste espazo uns vídeos que poden ser do voso interese.

E sabedes que Estación Espacial Internacional a podemos ver facilmente dende a Terra? Despois da Lúa é o segundo obxecto máis brillante na noite. Se premedes nesta LIGAZÓN podedes saber exactamente o día e a hora á que pasará polo noso ceo!!

Estades listos para levar a Paz tan alta como a ISS?

 Deixámosvos tamén un podcast no que Tais e Mael de 6º de primaria nos contan o que faremos neste Día da Paz.


Nestes libros podedes atopar moita información para aprender moitas cousas sobre a ISS.