Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

venres, 21 de xuño de 2024

Recomendacións lectoras e despedida dos colaboradores de 6º

Despois deste curso tan intenso temos por diante unhas merecidas vacacións nas que descansar e facer todas esas cosas que non podemos o resto do ano. Dende o Equipo de Biblioteca desexámosvos que as disfrutedes moito e que vivades moitas aventuras lectoras, asique para iso non olvidedes meter na maleta as vosas lecturas predilectas. Pola nosa banda aquí vos deixamos unhas recomendacións  que esperamos sexan do voso agrado. Bo verán, vémonos á volta!

Toca despedir tamén aos rapaces e rapazas de sexto que este curso colaboraron coas tarefas da biblioteca voluntariamente durante os recreos. Moitas grazas a tod@s pola vosa axuda, que é fundamental para que a biblioteca funcione correctamente. Os días que estivestes de excursión de fin curso botámosvos moitísimo de menos. Xa formades parte da historia e o corazón desta biblioteca. Moita sorte no voso camiño!! E en agradecemento pola súa labor todos recibiron un pequeno agasallo que lles fixo moita ilusión.