Queridas familias:
Dende o equipo de biblioteca gustaríanos contar un ano máis coa vosa colaboración no noso proxecto de centro, este ano adicado aos animais en perigo de extinción. É por iso que vos convidamos a que realicedes fotografías relacionadas con algún dos seguintes aspectos e nolas enviedes:
· Impactos humanos no medio ambiente: capturas dos impactos da actividade humana na natureza e o medio ambiente: contaminación, vertedoiros, incendios, etc
· Acción climática: solucións climáticas na práctica ou acción de cambio (enerxías renovables, limpeza de praias e ríos, actividades sostibles, protestas ambientais, etc…)
· Animais no seu ambiente natural que capturen o seu comportamento, hábitat ou relación… Non serán de animais domésticos ou cautivos fotografados en zoolóxicos.
Pódense enviar un máximo de dúas fotografías. Buscamos instantáneas espontáneas nas que se capture algunha das ideas expostas anteriormente e nas que preferiblemente non aparezan os/as nenos/as.
Indicaranse os seguintes datos:
· Nome do/a alumno/a
· Curso
· Título e/ou o lugar da fotografía.
Serán enviadas ao seguinte enderezo de correo electrónico ata o 30 de abril.
bibliotecaseixalbo@gmail.com
Co material recibido faremos algún traballo de cara a final de curso.
Moitas grazas anticipadas pola vosa colaboración.
Equipo de biblioteca.