domingo, 3 de marzo de 2024

Pinto e Mila chegaron a Seixalbo

O venres comezou marzo e veu cheo de sorpresas. Que alegría chegar ao cole e ver que apareceran Pinto e Milo, recordades? Os curmáns de Leo, a nosa mascota da biblioteca!! Foinos visitar no verán pero non os  atopou, e que preocupado nos tiña a todos!! O caso é que non os atopou porque eles estaban de camiño hacia aquí para darlle unha sorpresa a Leo. O problema foi que a súa viaxe retrasouse demasiado pois foron moitos os problemas que atoparon con moitos animais que o están a pasar moi mal. O venres á mañá Pinto e Mila estaban recibindo a todos os nenos nas escaleiras e deixaron unha carta para cada aula.
Todo preparado para sorprender aos nenos e nenas.



Antes de entrar no edificio de aulas, un cartel anunciaba a boa nova!








Lendo a carta de Pinto e Mila




Carta para o alumnado de Pinto e MIla