Este curso vai chegando ao seu fin e pouco a pouco imos rematando cousiñas. Unha delas é a degustación de menús especiais relacionados co noso proxecto de países "Recordos na maleta". O país encargado de poñer o punto final a esta actividade gastronómica foi Australia. O noso persoal de cociña ofreceunos unha barbacoa de carne e salchichas, e é que son moi típicas dese país. De feito hai moitas barbacoas instaladas en lugares públicos listas para ser usadas. Agrader coma sempre a implicación e colaboraión do equipo de cociña e todo o persoal de comedor. Grazas polo voso gran de area neste proxecto do curso.