Mañá comezaremos a recoller os poemas que preparastes ao longo da semana pasada na casiña sobre os países que estades a traballar no PDI para facer con eles un libro de poesías e regalarllo a nosa mascota Leo, para ver se con eles tamén recupera a memoria. Iremos poñendo aquí algúns deles e cando teñamos o libro preparado poderédelo consultar e desfrutar na biblioteca!
Aquí están os vosos poemas! Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo. Como podedes ver hai de todos os países que estamos a traballar! Leo estará encantado cando estean todos xuntiños na biblioteca. Iremos incorporando os que faltan. Sodes uns artistas!
Xa está lista tamén a exposición de libros sobre poesías para que poidades consultar todos os que queirades!
O luns, os nenos e nenas de cinco anos comezarán o seu recitado de poesías polas aulas do resto de Infantil, primeiro e segundo. Ao longo das horas de ler de toda a semana as dúas clases de sexto de infantil irán polas diferentes aulas recitando poemas de Antonio García Teijeiro sobre a lúa, ese enigmático corpo celeste común a todos os países do mundo! Esta é a distribución horaria. Estade atentos porque iremos poñendo aquí algún vídeo ou foto da actividade!
A lúa protagonista dos poemas de Antonio G. Teijeiro |
6º Infantil A recitando a 5º de Infantil |
Xogando cos versos na biblioteca |
Xogando a ordenar os versos de poemas de Antonio García Teijeiro |