Queremos agradecer todo o traballo realizado en torno a actividade do cómic. O resultado é incrible con obras realmente fantásticas cheas de inxenio, creatividade, valores, sensibilidade, humor, etc... Leo está abraiado ante tanto talento. Por iso quixemos facer unha exposición de todos eles para que sexan contemplados por todo o que pase por diante deles. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Moitas grazas a todos!