domingo, 22 de maio de 2022

O marabilloso mundo do cómic

 Xa estamos na recta final do curso, pero dende a bilbioteca non queremos deixar de propoñer actividades. Desta vez queremos facer fincapé no mundo do cómic, e con tal motivo, Leo, a nosa mascota proponnos as seguintes actividades.

Pois xa está a biblioteca preparada e Leo esperando os vosos cómics!!









Día das letras galegas

 A nosa biblioteca acolleu durante a semana das letras galegas unha exposición dinamizada polo EDLG e na que participaron as diferentes titorías. Dende o comezo do curso fóronse propoñendo diferentes aspectos relacionados coa persoa de Florencio Delgado Gurriarán que se foron plasmando en variados traballos de cada unha das titorías. Estes traballos foron organizados nuns paneis que recollen a vida e obra do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas e que permanecen expostos esta semana na biblioteca para que poidan ser visitados. A biblioteca tamén acolle unha proposta da Asociación de veciños San Breixo que nos invita a buscar a palabra máis bonita do galego que depositaremos nunha caixa que nos facilitaron e que situamos na bilbioteca.














martes, 3 de maio de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar. Dende a biblioteca quixemos dar visibilidad a este data e puxemos a disposición de mestres e alumnos diferentes títulos que abordan esta temática para traballala nas aulas. 

Día do Libro SOMOS PORTADA

 Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a todos os que participastes na actividade con motivo do Día do Libro "Somos Portada" a vosa aportación. MOITAS GRAZAS A TODOS! Deixámosvos as diferentes portadas que nos achegastes. Todas moi orixinais e aínda que algúns escollestes o mesmo título veredes que cada quen aportou o seu toque creativo! 



Aquí en PDF