Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 22 de maio de 2022

Día das letras galegas

 A nosa biblioteca acolleu durante a semana das letras galegas unha exposición dinamizada polo EDLG e na que participaron as diferentes titorías. Dende o comezo do curso fóronse propoñendo diferentes aspectos relacionados coa persoa de Florencio Delgado Gurriarán que se foron plasmando en variados traballos de cada unha das titorías. Estes traballos foron organizados nuns paneis que recollen a vida e obra do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas e que permanecen expostos esta semana na biblioteca para que poidan ser visitados. A biblioteca tamén acolle unha proposta da Asociación de veciños San Breixo que nos invita a buscar a palabra máis bonita do galego que depositaremos nunha caixa que nos facilitaron e que situamos na bilbioteca.