mércores, 6 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Xa está cerca o Día do Libro e dende o equipo de biblioteca propoñemos esta actividade que titulamos:
"SOMOS PORTADA". Consiste en recrear cunha fotografía a portada dun libro ou conto que queirades, formando parte da fotografía xunto con outros elementos que a completen tentando ser o máis fieis posible á portada orixinal. Enviaranse portada orixinal e a recreación que se faga dela ao correo da biblioteca bibliotecaseixalbo@gmail.com. O prazo de entrega é o 18 de abril. Posteriormente farase unha exposición no centro con todas as portadas.

NOVIDADES DO MES DE ABRIL

Xa están expostas no taboleiro as primeiras novidades deste mes de abril.

venres, 1 de abril de 2022

Recitando os seus primeiros versos...

 Aos nenos de infantil de 5º curso A encantáronlles as poesías que lles leron na clase polo Día Mundial da Poesía, sobre todo a que se titulaba "Os peidos da miña vaca". Asique non lles costou nada aprenderse catro versos que seguro que nunca esquecerán. Pasárono xenial nas horas de ler desta semana aprendéndoos con xestos e sonidos e disfrazándose para interpretalos así de ben. Son uns artistas!