Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

mércores, 6 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Xa está cerca o Día do Libro e dende o equipo de biblioteca propoñemos esta actividade que titulamos:
"SOMOS PORTADA". Consiste en recrear cunha fotografía a portada dun libro ou conto que queirades, formando parte da fotografía xunto con outros elementos que a completen tentando ser o máis fieis posible á portada orixinal. Enviaranse portada orixinal e a recreación que se faga dela ao correo da biblioteca bibliotecaseixalbo@gmail.com. O prazo de entrega é o 18 de abril. Posteriormente farase unha exposición no centro con todas as portadas.