Grazas á Aula da Natureza e a Escola Tephira, por esta oportunidade.
martes, 10 de marzo de 2026
Visita de "PEQUEÑITA"
Grazas á Aula da Natureza e a Escola Tephira, por esta oportunidade.
Día de Rosalía de Castro
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro o EDLG lanzou esta proposta ao alumnado de cada aula, que tivo a oportunidade de expresar a súa propia interpretación de Rosalía. O resultado é o que vedes neste vídeo. creacións nas que se mesturan reflexión, creatividade e sentimento.
En cada traballo aparece non só a figura de Rosalía, senón tamén todo o que continúa representando na actualidade: a nosa lingua, a identidade, a sensibilidade e a riqueza cultural.
Deste xeito, nas aulas segue presente a súa inspiración: unha Rosalía que continúa viva a través da mirada das novas xeracións.
venres, 6 de marzo de 2026
O circo en Stop motion
Hoxe foi un día especial para a rapazada de 3º A e 3º B. Dentro do programa de Bibliotecas Creativas e grazas a Algarabía Animacións. realizamos un obradoiro de stop motion que foi do máis entretido, divertido e interesante. Tomás e Virginia foron os nosos guías nesta aventura tan especial.
Comezamos modelando as nosas figuras con plastilina: magas, equilibristas, forzudos, pallasos, etc...
A continuación pasamos á zona de animación e sobre uns fondos que ao longo da semana estivemos preparando colocamos as nosas personaxes e foto a foto coas tablets fomos dando movemento as nosas figuras. Os forzudos levantaban as pesas, os pallasos facían malabares, as magas poñían e quitaban o sombreiro e sacaban pombas, as equilibristas camiñaban polo arame e as ximnastas facían equilibrios e números divertidos coas pelotas. Quedaron xenial e pasámolo requetebén. Unha forma diferente de aprender que non esqueceremos. Grazas Tomás e Virginia. Deixámosvos fotos e vídeos da xornada.









martes, 3 de marzo de 2026
Día das enfermidades raras.






martes, 24 de febreiro de 2026
Entroido 2026
No CEIP de Seixalbo vivimos un Entroido cheo de maxia, cor e moita ilusión arredor do noso PDI, adicado este curso ao circo. Durante días preparamos no cole os disfraces que deron vida a un auténtico espectáculo: pallasos e pallasas de mil expresións, magos sorprendentes, coellos que saían das chisteiras, mimos, arlequíns e ata palomiteiros que parecían recén chegados dunha gran función.
O día grande achegámonos ao centro da localidade onde, baixo unha carpa, desfilamos e bailamos ao son da charanga. O ambiente foi festivo e participativo, cun público entregado que gozou co noso desfile circense. Despois, continuamos a celebración cun percorrido polas rúas da localidade acompañados pola música, compartindo a alegría do Entroido con toda a veciñanza.
Queremos expresar o noso agradecemento á asociación de veciños pola súa colaboración e implicación. A súa participación foi moi especial, xa que tamén adoptaron a temática do circo para vestir aos seus mecos, Paquito, Nicanor e Vicentiño que luciron espectaculares e contribuíron a encher de cor e humor a festa.
Foi unha xornada inesquecible de convivencia, creatividade e comunidade, da que deixamos testemuño nas imaxes que acompañan esta entrada. Agardamos que as disfrutedes tanto como nós gozamos vivíndoa.
![]() |
| Veciños e alumnos representando a pirámide do Circo dos Muchachos |
![]() |
| Mecos do pobo coa temática do noso PDI |


Día da muller e a nena na ciencia 2026
O 11 de febreiro celébrase o Día de Muller e a nena na ciencia e na biblioteca temos desde aquela unha escolma de libros relacionados con esa temática. Na aula de 2º B investigaron e aprenderon en equipos sobre varias mulleres científicas: Antonia Ferrín, Begoña Vila, Sara G. Alonso, Ángeles R. Robles e Ángeles Albariño e fixeron un mural cos seus traballiños.





Na aula de 3º A leron o libro "Ellas también cuentan" de Ana Alonso e realizaron uns traballiños de cada unha das mulleres científicas que aparecen nel.









.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)













.jpg)












