mércores, 18 de xuño de 2025

Agasallo para os Voluntarios de 6º

Este curso chega ao seu fin, e con el tamén remata unha etapa moi especial para o alumnado de sexto de primaria. Ao longo do ano, moitos deles e delas colaboraron de forma entusiasta nas actividades e tarefas da nosa biblioteca escolar, axudando a mantela organizada durante os recreos.

Como mostra de agradecemento polo seu compromiso, responsabilidade e bo facer, hoxe recibiron un pequeno detalle cargado de afecto e recoñecemento polo seu traballo e implicación.

Desde aquí, queremos darlles as grazas unha vez máis e desexarlles moita sorte na nova etapa que comezan. Estamos seguras  de que levarán con eles o amor polos libros e a lectura aló onde vaian.

¡Grazas por formar parte da nosa biblioteca!