A biblioteca énchese de misterio, criaturas arrepiantes e historias que poñen os pelos de punta!
Do 26 ao 30, convidámosvos a visitar a nosa exposición de libros de temática de Samaín, onde vos agardan pantasmas, vampiros, meigas e moitas outras historias para gozar da lectura nestas datas.
Pero ollo! Este ano hai un reto que non podedes deixar escapar…
«Se o reto non vas superar… a túa saúde vou chupar!»
Atréveste a responder as preguntas do noso desafío de Samaín? Busca as respostas nos libros da exposición, pon a proba a túa curiosidade e escapa dos cabeiros do vampiro. Se superas o reto, agárdache unha sorpresa brillante!
Achégate á biblioteca, mergúllate nas historias máis misteriosas e descubre que ler tamén pode ser unha aventura de medo.
Agardámoste… se te atreves!












