xoves, 18 de xuño de 2026

Despedida dos auxiliares da biblioteca

 Ao longo de todo o curso contamos durante os recreos coa marabillosa axuda dun grupiño especial de sexto que se encargaron de poñer orde nas estanterías da biblioteca. Entre as súas tarefas estaban colocar os libros devoltos dos préstamos realizados, así como facer en Koha o préstamo e a devolución dos compañeiros que o desexaban. Tamén unha vez rematado o recreo vixiaban que todo quedase ordenado e recollido. 

Moitas grazas rapaces e rapazas por ser parte da maxia da biblioteca. O voso labor é fundamental para o bo funcionamento da biblioteca.

Hoxe como recoñecemento ao seu traballo recibiron un agasallo que desexamos sexa o comezo de novas aventuras. Nunca deixedes de ler!