Este ano o 8M caeu en domingo , polo que no noso cole grazas ao Equipo de Convivencioa adicamos a seguinte semana a traballar esta data cunha chea de actividades.
- Visitounos a futbolista Marta Figueiredo.
- Traballamos mulleres do circo (unha en cada aula)
- Visitounos Taconilla, unha acróbata do circo dos Muchachos
- E fixemos unha exposición cos traballos das mulleres no circo.
O alumnado de terceiro e cuarto contou coa presenza da futbolista e percusioniosta Marta Figueiredo, dúas actividades nas que non é fácil atopar referentes femininas. Actualmente é capitana do equipo Ontime e percusionista no grupo ourensá Timparrantela.

Nesa semana contamos tamén con outra visita moi especial: Mónica Novoa "Taconilla", estivo dous días (un para infantil e outro para primaria) contándonos a súa experiencia no Circo dos Muchachos xa hai máis de 35 anos. Veu acompañada do seu monociclo co que fixo unha exhibición no patio e como non vestiu a característica malla d erombos que lucían nos seus espectáculos. Respostou as preguntas dalgún curioso/a e foise cun pequeno agasallo, chea de cariño e coa promesa de voltar máis veces. Ah! e deixounos a súa malla e monociclo ata final de curso. Xa ocupa un lugar nos nosos corazóns.




![]() |
| Vestindo a súa malla |








![]() |
| Agasallos e invitación para Taconilla |

Ademais de coñecer a Taconilla, cada aula traballou sobre unha muller do circo e coa información fixemos unha exposición na que aparecen Zazel, primeira muller bala, Pinito del Oro excelente trapecista, Madame Saqui, acrobata incrible e moitas máis. Tamén a nosa muller máis próxima, Taconilla tivo o seu espazo na exposición.








![]() |
| A revista ZirKólika recolle un artigo sobre mulleres no circo moi interesante. |









.jpg)






