martes, 25 de novembro de 2025

25 N

 O mellor sería non ter que celebrar este día... pero de momento temos que seguir traballando para erradicar a violencia contra as mulleres. Por iso estes días nas aulas estamos a ler libros sobre este tema que temos na biblioteca. Tamén grazas ao Equipo de Convivencia fixemos dous murais entre todos e fixemos unha gravación na radio.