domingo, 28 de setembro de 2025

COMEZA A FUNCIÓN

 Xa estamos de volta! En realidade xa levamos unhas semaniñas organizando e preparando o novo curso, porque son moitas cousiñas as que hai que ir comezando a preparar. Contámosvos o que temos entre mans:

    Este ano o noso proxecto será sobre o circo!!! "Pasen e vexan: Seixalbo Circus" e o primeiro día xa tiñamos un mural de benvida para todo o alumnado.



Tamén preparamos as bibliocaixas para que todas as aulas que queiran poidan levar libros para a súa clase.

Tamén estivemos formando aos rapaces e rapazas de sexto que este ano farán labores de auxiliares n abiblioteca de forma voluntaria. Estiveron practicando como hai que ordenar os libros e axudando a etiquetar algúns deles. A súa axuda é moi importante durante os tempos do recreo. Grazas rapaces pola vosa colaboración!

Tríptico co contrato que asinaron, comprometéndose a ser responsables e cumplir as súas funcións.

Momentos da reunión

Realizando labores de colocación de libros e etiquetado


Tamén estivemos a preparar o Día da Biblioteca. Xa temos unha bonita actividade organizada que esperemos que vos guste e ademais ese día entregaremos as Mochilas Vaxeiras que o curso pasado non puidemos poñer en marcha, asique este ano retomamos esa actividade que tanto vos gusta!!