domingo, 18 de maio de 2025

Actividades polo Día das Letras Galegas

Este ano no noso cole celebramos as seguintes actividades para conmemorar as Letras Galegas:

O 9 de maio, grazas ao EDLG contamos no noso cole coa Agrupación Folclórica Suasairas que ademais de deleitarnos con diferentes pezas de diferentes lugares de Galicia nos ensinaron os nomes de instrumentos e as diferentes prendas de vestir dos traxes tradicionais que os hai de faena e de festa. Unha actividade moi enriquecedora.


O día 13 de maio o alumnado de 4º de primaria participou na actividade "Danza na praza" organizada a partir dun grupo de traballo intercentros do CEFORE de Ourense. Realizáronse danzas colectivas entre o alumnado dos 12 centros participantes cun máis de 350 nenos e nenas. A última parte da actividade estivo dirixida polo bailarín Artur Puga quen nos ensinou pasos básicos do baile tradicional galego. Foi moi divertida e pasámolo xenial, ademais chegamos á Praza Maior en autobús urbano que nos deixou na alameda. Toda unha experiencia! Todos os nenos e nenas dos coles participantes levabamos un colgante de pandeireta que nós fixemos grazas a axuda da profe Mari.

Esperando ao autobús

Subindo ao bus


Parada na Alameda

Con todos os nenos e nenas dos colexios participantes

Bailando en rodas

Alumnos e profesores participantes
Colgante realizado na impresora 3D coa axuda da profe Mari, coordinadora de polos creativos

O 14 de maio fixemos un pequeno ensaio das cancións que estabamos aprendendo para a foliada do día 16. Achegáronse ao cole algunhas das familias que colaboraron con nós como pandereteiras. Moitas grazas!
















Libros da biblioteca das Letras Galegas 2025


Na clase de terceiro estiveron a recrear portadas de libros en galego e estes son algúns dos resultados.

- O venres día 16 todo o cole participamos nunha foliada polas rúas de Seixalbo que por unhas horas encheuse de alegría e música e que ambientamos coas roupas e complementos tradicionais que levabamos. Durante semanas aprendemos varias cancións na clase de música: "Aquí teño de cantare", "Muiñeira do Santo Amaro" e "Adiós ríos, adiós fontes". O conxunto instrumental formouse con alumnos/as, profesores/as e familias e tocamos, pandeiretas, cunchas, gaitas e acordeón. Moitas grazas pola vosa colaboración. Foi fundamental para o resultado final. Contamos tamén coa colaboración da Asociación de Veciños que sempre se presta a ofrecernos a súa axuda. Toda a veciñanza estivo convidada e resultou ser unha xornada festiva moi emotiva coa que se pretendía poñer en valor a nosa cultura e cantos tradicionais así como a convivencia interxeneracional unidos pola música. Tivemos a sorte ademais de contar coa presenza das Escolas Infantís de Santa Cruz, Ponte Noalla e Taboadela que se sumaron a nosa iniciativa. Grazas Andrea, Carmen e María.
Infinitamente agradecidos a todos e todas aqueles/as que fixeron posible esta xornada e aos que nos acompañaron con tanto cariño nesta proposta nacida do entusiasmo e a ilusión.
Cartel anunciador





De camiño ao pobo







Valeria e Breogán de 6º Presentaron o acto. Moitas grazas rapaces, estivestes xenial!










AQUÍ VÍDEO CANTANDO

E xa como broche final todos os participantes recibiron de agasallo un imán pandeireta que grazas a profe Mari foise facendo na impresora 3D ao longo de varios días. Ela encargouse de explicarlle a cada clase todos os pasos para facelas e de que visen como se ían imprimindo. Grazas pola túa paciencia Mari!




Nunha das explicacións aos nenos e nenas de catro anos.