martes, 1 de abril de 2025

Seixalbo rumbo ao Cansat




Este curso, aproveitando que o noso PDI "Universo Seixalbo" trata sobre o espazo e o universo,  o noso cole participa no desafío CanSat. Trátase dunha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construir e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para os estudantes é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a enerxía, os sensores e un sistema de comunicación, dentro deste espazo tan reducido. Tamén deberá de incluir un paracaídas! O CanSat debe recuperarse san e salvo. Cando o CanSat está listo, introdúcese nun foguete ou dron, que o lanza ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro. Entón comeza a súa misión. Durante a caída realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.
O equipo está formado por 6 alumn@s que amosaron o seu interese por participar no desafío, e unha vez inscritos e formado o equipo, comezamos a primeira misión: programar unha placa microbit, para que recolla todos os datos necesarios.
Pero antes, precisamos unha pequena toma de contacto e algunha sesión práctica.😉


A xulgar polas imaxes, isto vai  vento en popa!!!!!






 Mirade os seus primeiros proxectos de programación, son unha pasada!!!!