martes, 1 de abril de 2025

Obradoiro de lettering


Hoxe a biblioteca convertiuse nun espazo de creatividade e expresión!
O alumnado de cuarto participou nun obradoiro de lettering con Sandra, onde aprenderon a dar forma ás palabras dun xeito artístico e orixinal. A través desta técnica, melloran a súa motricidade fina, concentración e creatividade e paciencia, ao tempo que descubriron unha nova maneira de gozar da escritura.
Dentro do programa de Biblioteca Creativa, apostamos por actividades que amplíen as posibilidades da lectura e a aprendizaxe, convertendo a biblioteca nun lugar vivo e inspirador.
O venres daremos continuidade ao obradoiro.