Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 9 de xuño de 2024

FONDO MARIÑO

Unha das partes que máis gustou ao público en xeral e tamén ao noso alumnado foi a visita ao fondo mariño. Un fondo mariño que en colaboración co Departamento de Orientación, recreamos nunha aula á que non lle faltaba detalle. Había todo tipo de especies de plantas e animais e entre eles destacaban os que necesitaban a nosa axuda por estaren en perigo de extinción: a vaquiña mariña, as estrelas de mar, o ajolote, a balea azul, a quenlla xigante martelo....
Para poder acceder a este fondo mariño era necesaria unha entrada e unha vez dentro todo era máxico grazas ao efecto da luz negra e a música ambiental. Todas as clases participaron na elaboración do decorado polo que o resultado foi espectacular.