Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 19 de maio de 2024

Día das Letras Galegas

 Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luísa Villalta. Para coñecer a súa persoa e homenaxeala realizamos as seguintes actividades organizadas polos equipo de Dinamización da lingua e o de Biblioteca.

Na biblioteca organizamos nos recreos un taller a partir dunha das actividades propostas polo Seminario Galán para facer unha lupa máxica. Con ela podiamos ler unhas tarxetas con preguntas e respostas sobre Luísa Villalta e completar unha ficha coas respostas descubertas. 

Cartel anunciando o taller
Díptico para completar coas respostas descubertas coa lupa máxica

 








    Como actividade conxunta reunímonos no ximnasio e alí os nenos e nenas de Infantil foron dando forma a un crebacabezas que formaba un bonito debuxo sobre a autora. A continuación entre todas as aulas fomos completando un mural engadindo as letras do nome de Luísa Villalta que decoramos con fío azul,  ao tempo que diciamos algo sobre ela. Aquí vos deixamos as fotos das dúas actividades.