Mañá 23 de abril conmemórase o Día do Libro establecido pola UNESCO xa que nesta data faleceron tres dos grandes autores da Literatura Universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Para celebralo na nosa biblioteca ao longo desta semana levaremos a cabo as seguintes actividades:
- Taller de marcapáxinas. Nos recreos da biblioteca os que queiran poderán realizar simpáticos marcapáxinas de animais. Mirade o día que vos toca!

![]() |
Facendo os marcapáxinas |
![]() |
Marcapáxinas rematados |

Visita á Insua dos Poetas. O alumnado de quinto xunto ao de sexto que van ao Club de lectura visitaron a Insua dos Poetas en Carballiño para gozar dunha xornada de actividades literarios nun entorno natural único.
![]() |
Insua dos Poetas |


-
- Realización dun Animalario. Desde hai uns días todas as aulas están a realizar as páxinas que conformarán un animalario sobre animais en perigo de extinción.
- En que personaxe te convertirías por un día? O alumnado de segundo deixou voar a súa imaxinación e pensaron en que personaxe de libro lles gustaría convertirse por un día. Cada un elexiu o seu e explicaron por que o elixiron, describíronse e debuxáronse. Quedaron uns traballiños do máis orixinais que encadernaron para ter na clase e que todos os puidesen ler. Aquí volos deixamos.
- Creación do "Recantiño voador", un espazo no que se poderán deixar e/ou coller libros aos que aínda se lles pode dar unha segunda oportunidade, pero que na biblioteca xa non teñen cabida porque hai que deixar espazo para as novidades!!


![]() |
Disfrutando do Recantiño Voador |