O 17 de marzo conmemórase o Día do Cómic e do tebeo. Esta data coincide coa publicación por primeira vez da revista TBO.
Cartel da celebración deste ano realizado por Borja González |
Aquí vos deixamos unhas bonitas viñetas sobre animais que seguro que vos farán pensar un pouquiño. Esperamos que vos gusten!
E se vos apetece podedes animarvos con este xogo sobre o cómic.
Os máis peques do cole xa comezaron a traballar co cómic. Decidiron continuar unha das historias e entre todos foron aportando ideas do que podía saír do ovo da historieta: Unha tartaruga? Unha ovella? Unha vaca? Un cactus? Quizais unhas nubes? Ou tal vez un neno tolo...? A idea que máis votos tivo foi.... UN SOL!!! Aique agora a continuar a historia na que do ovo saíu un sol! Aquí os podedes ver moi atarefados.
Que saíu do ovo? As propostas dos nenos e nenas de tres anos. |
Os nenos e neas de tres anos subiron á biblioteca para ver onde estaban os cómics e comprobar se todos tiñan bocadillos. |
Máis momentos da realización dos cómics nas aulas.