Este ano polo entroido vestímonos cuns traxes do máis "salvaxes". Como o noso PDI vai sobre animais en perigo de extinción todos os disfraces tiñan que ver con esa temática. Dende que voltamos do nadal puxémonos mans á obra e comezamos coa elaboración dos mesmos no cole. O desfile previsto para o venres 9 de febreiro houbo que aplazalo para o xoves 15 debido á chuvia. Finalmente o xoves 15 tamén nos acompañou a chuvia e o noso desfile polo pobo foi moi breve. Unha carpa no campo da Infesta acolleunos e permitiu ás familias que puidesen acompañarnos neste día. Grazas pola vosa participación e apoio! Aquí vos deixamos as fotos dos disfraces.
|
Xirafas de 4º de Infantil. |
|
Osos panda vermellos de 5º de Educación Infantil. |
|
Linces Ibéricos de 6º de Infantil. |
|
Peixes Pallaso de 1º de Primaria. |
|
Hamster Tico (Personaxe da Volta ao Mundo en 80 días). 2º de Primaria. |
|
Abellas e apicultores, 3º de Primaria. |
|
Superheroes dos Polos e dos Mares. 4º de Primaria. |
|
Bolboretas Arlequín. 5º de primaria. |
|
Leopardos das neves. 6º de Primaria |
|
Caretas de lince ibrérico realizadas polo alumnado de 6º de Infantil |