Este ano o festival de nadal levou por título Animadal, xa que xiraba en torno ao noso PDI sobre animais en perigo de extinción. Simulamos unha gala benéfica na que cada curso apoiaría a loita pola defensa dalgún animal. Antes da actuación, cada aula fixo unha pequena exposición do que traballou relacionado co PDI ao longo do trimestre tocando os seguintes aspectos:
- A biodiversidade (2º)
- Cómo nos afecta a perda de biodiversidade (4º B)
- As cadeas alimentarias/pirámide da vida (4º A)
- A importancia das abellas no planeta (3º B)
- Efectos do cambio climático (3º A)
- Deforestación e incendios (4º Infantil)
- A contaminación (5º de Infantil)
- A extinción dos dinosaurios ( 6º A)
- As 5 grandes extincións masivas (6º B)
- A lista vermella da extinción dos animais (6º Infantil)
- Canto tarda en degradarse o lixo na natureza (1º)
Coma todos os anos, o festival celebrouse dous días: o 20 de decembro para todo o alumnado e profesorado do centro e o 21 para as familias e público en xeral.
Nos vindeiros días iranse subindo os vídeos das diferentes actuacións de cada un dos cursos.