Fai uns días os máis peques do cole visitaron por primeira vez a casa de Leo: A Biblioteca!!! Xa coñecían a Leo porque apareceu un día na clase, pero agora tocaba devolverlle a visita, asique ao saír da clase atoparon plumas e pegadas de Leo que os levaba directamente ata a biblioteca. Unha vez alí saudárono e escoitaron dous contos sobre mouchos superdivertidos!!
