Agora que xa rematou o curso e moitos/as estaredes coas maletas a voltas para comezar as vacacións de verán, deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que a lectura sexa parte da vosa rutina estival.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos desexarvos un verán moi feliz cheo de moitas lecturas, pois son a mellor maneira de viaxar a lugares infinitos. Aproveitade todo este tempo de vacacións que tedes por diante para vivir miles de aventuras e voltar en setembro con moitas ganas de contárnolas. Que teñades un FELIZ VERÁN!