O pasado venres 2 de xuño foi día de Menú Especial!!! Tocaba Brasil, o país sobre o que estiveron a traballar ao longo do curso os nenos e nenas de tres anos. E poidemos degustar unha exquisita feijoada con riqúisimos feixóns, costelas, chourizo, touciño, arroz... Impresionante! Coma sempre o persoal de cociña dando o mellor de si. Mirade que flores tan coloridas puxeron na cabeza desta vez as colaboradoras do comedor. Sempre colaborando e implicándose. Moitas grazas!

