Para celebrar o Día das Letras Galegas, o EDLG preparou unha unha pequena exposición con carteis que elaboraron as titorías sobre a vida de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano. Aquí podedes ver as fotos. Tamén o alumnado de segundo fixo unha representación teatral sobre a vida do autor titulada "Das cousas de Don Paco". A representación fíxose o día 16 para os compañeiros/as do cole e o día 17 no auditorio de Penouzos de Seixalbo.
