Que alegría máis grande!! Recibimos resposta da Embaixada de Australia!! É moi emocionante recibir unha caixa enorme e un tubo grande. Que haberá dentro? Fai uns días xuntámonos 5º A e 5º B no corredor e dispuxémonos a abrir as caixas. Menudas sorpresas!! Enviaron 8 libretas preciosas con debuxos de aves. E un folleto informativo para cada un de nós! Tamén tres cantimploras, un conto precioso e dous carteis co mapa de Australia e moita información, un para cada clase! Portáronse xenial e estámoslles moi agradecidos pola súa resposta e a súa amabilidade. Grazas embaixada de Australia, sodes xeniais!!
