O curso comeza a chegar ao seu fin e nós este ano tiñamos unha misión moi importante: axudar a Leo a recuperar a súa memoria despois do accidente que tivo ao voltar das súas vacacións de verán. Pois ben! Ao longo do curso cada clase foi traballando sobre diferentes aspectos do país que lle tocou investigar e agora queremos compartir con toda a comunidade educativa os nosos traballos. Para elo faremos un exposición a vindeira semana en Seixalbo nos locais da Asociación Cultural San Breixo e Agromadas (aos que agradecemos a súa desinteresada colaboración en todo momento) que poderedes visitar dende o mércores 31 de maio ao domingo 4 de xuño en horario de 19:30 a 21:00 horas, agás o domingo que será de 12:00 a 14:00 horas. Agardamos que todos encontredes un oco para visitala e que vos guste moito. Aquí deixamos o cartel anunciador da mesma. Esperámosvos a todos e todas!!