mércores, 10 de maio de 2023

Programando con Scratch monumentos de Francia

 Hoxe na clase de terceiro fixemos un proxecto que nos encantou e co que aprendemos moito. Coñecemos o programa Scratch co que se poden facer proxectos de programación porque queremos facer que a nosa maqueta de Francia sexa interactiva de forma que cando se toque nuns puntos concretos se escoiten audios sobre os monumentos representados. Antes de facer a maqueta fixemos un proxecto en papel para entender todo o proceso. Aprendemos a poñer o noso usuario e contrasinal e a programar cos bloques de scratch. Gravamos os audios e ata o son das campás de Notre Dame. Logo puxemos cobre adhesivo no papel e por último conectamos cos cables ao papel, e á placa makey makey. Houbo que solucionar moitísimos problemas, pero fomos quen de facelo entre todos e conseguimos o reto. No seguinte vídeo podedes ver uns minutiños da xornada.  



Plantilla que fixeron interactiva


No seguinte vídeo podedes ver cómo quedou a maqueta que fixemos finalmente para levar á exposición.