O 26 de abril o noso cole sumouse por segundo ano consecutivo á celebración do Día da Educación Física na Rúa. Para celebralo todo o cole realizou unha andaina dende o cole ata o centro de Seixalbo e unha vez alí, na praza da Infesta cada curso realizou as coreografías que durante semanas estiveron a preparar coa profe Marta. Cada unha destas coreografías estaban relacionadas co país que se está a traballar en cada un dos cursos dentro do PDI deste ano "Recordos na maleta". Ao rematar todos xuntos fixemos unha forografía para reivindicar máis educación física. A continuación podedes ver algún dos bailes realizados.