O xoves pasado 27 de abril tivemos a sorte de que nos visitara Sabela Gago unha contacontos magnífica que sempre nos deixa cun sabor de boca moi doce, co corazón cheo de ledicia e coa imaxinación máis desperta ca nunca. As súas historias sempre son fantásticas e nos enganchan dende o primeiro minuto. Desta vez puideron desfrutar das súas historias as nenas e nenos de infantil. Viña cargada de moitas aventuras que tiñan moito que ver co noso proxecto deste ano!! Ata traía maleta incluída!! Mirade as fotos para que vos poidades facer unha idea.

