Que alegría máis grande cando fai uns días recibimos un sobre con información e revistas sobre Francia. Abrímolo con moita curiosidade por ver que podería haber dentro e atopamos unhas revistas e folletos de diferentes lugares de Francia. É moi emocionante recibir correo postal, hoxe en día que todo é instantáneo e vivimos nun mundo dixital. Agora leremos as revistas para ver que cousas interesantes podemos descubrir e parender sobre Francia!


